Apoio e benestar
para as persoas con problemas de saúde mental

A ASOCIACIÓN

A Creba é una asociación composta por familiares de persoas con problemas de saúde mental, afectadas e persoas sensibilizadas coa problemática deste colectivo.

Na entidade realízanse intervencións no eido da saúde mental non cuberta polas institucións existentes, creando dende 1994 distintos servizos específicos.

A Creba xestiona diferentes recursos, fomentando unha atención psicosocial integral e integrada, tanto nos dispositivos comunitarios de rehabilitación psicosocial, ocupacional e laboral, como en alternativas residenciais.

Formamos parte de FEAFES-Galicia, a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con enfermidade mental de Galicia.

MISIÓN

A mellora da calidade de vida de persoas con problemas de saúde mental, as súas familias e achegadas, procurando unha mellor relación entre a persoa, o medio familiar, social e, a ser posible, laboral.

VISIÓN

Ofrecer un servizo de calidade ás persoas con problemas de sáude mental, as súas familias e persoas achegadas, mediante o desenvolvemento e crecemento constantes. Tamén intentar potenciar as relacións de cooperación e contribución mutua entre persoas e entidades da nosa contorna, para acadar o axeitado desenvolvemento da nosa misión.

ALGÚNS DOS NOSOS OBXECTIVOS

  • Promover aquelas intervencións na área da saúde mental non cubertas polas institucións existentes.
  • Facilitar atención sociosanitaria a persoas con problemas de saúde mental persistentes con outras problemáticas adictivas asociadas.
  • Prestar servizos a persoas dependentes e/ou coidadoras, sexan asistenciais, residenciais, sociolaborais ou formativos.
  • Desenvolver medidas ou accions dirixidas a favorecer a inclusión social das persoas con problemas de saúde mental.

Saúde Mental

A Organización Mundial da Saúde define a saúde mental non só como a ausencia de trastornos mentais, senón como “un estado de benestar no cal a persoa é consciente das súas propias capacidades, pode afrontar as tensións normais da vida, pode traballar de forma produtiva e frutífera e é capaz de facer unha contribución á súa comunidade”.

Neste sentido, a OMS sinala que “non existe a saúde sen a saúde mental” e que esta é “primordial para a desenvolvemento humano, social e económico das nacións e esencial para outra áreas de políticas públicas como son a asistencia social, os dereitos humanos, a educación e o emprego”.

OS PROBLEMAS DE SAÚDE MENTAL

Os problemas de saúde mental deben entenderse como unha parte da vida e as circunstancias dunha persoa e non como un elemento definitorio, que anula o resto das súas capacidades.

Unha enfermidade mental é unha alteración de tipo cognitivo e/ou do comportamento, que afecta a procesos psicolóxicos básicos como a emoción, a motivación, a cognición, a conciencia, a conduta, a percepción, a aprendizaxe e a linguaxe. Isto ten unha consecuencia directa na capacidade de adaptación das persoas á súa contorna social e cultural.

É fundamental sinalar que os problemas de saúde mental poden tratarse, co obxectivo de que as persoas poidan ter a mellor calidade de vida posible.

Os problemas de saúde mental tratadas en A Creba son trastornos psiquiátricos que poden ser graves, como a esquizofrenia, os trastornos de personalidade, trastornos paranoides, psicoses, depresións crónicas e outras enfermidades que dificultan ou impiden o desenvolvemento das capacidades funcionais estandarizadas con respecto a tres ou máis aspectos da vida cotiá.

Os aspectos que máis poden verse afectados nestes casos son a hixiene persoal, o autocoidado en xeral, o autocontrol, as relacións persoais e familiares, as interaccións sociais e a recreación e o ocio. Tamén o desenvolvemento da autosuficiencia económica pola súa participación no desempeño laboral.

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

  • 2016-20191º Premio nas Xornadas Deportivas.
  • 2016 – Concurso de Postal Navideña da Confederación Salud Mental España.
  • 2012 – XIII Muestra de Cortometrajes Vila de Noia.
  • 2011 – Premio al Trabajo Digno, Fundación Luis Tilve.
  • 2006 – Berberecho de Plata da AAEN (Asociación de Actividades Empresariales de Noia).
  • 1998 – Premio al Trabajo Solidario, Grupo Voz.

TESTEMUÑAS

“Coñecer esta asociación axudoume a recoñecer que hai moita máis xente coma min e que se senten igual ca min”.

TESTEMUÑAS

Erguerme todos os días tendo “algo” que facer.” “Axudoume a coñecer un pouco máis a enfermidade e facer amigos novos”

TESTEMUÑAS

Un cambio de vida radical, unha experiencia moi boa”

TESTEMUÑAS

Sinto que estou viva e teño ganas de vivir. Fago tamén amigos que me axudan a levar o día a día desta enfermidade”.

TESTEMUÑAS

Cando comecei aquí estaba nerviosísima. Non falaba con ninguén. Estaba como no meu mundo. Pero despois comecei a coñecer xente e a relacionarme máis. Iso axudoume bastante. Agora estou máis tranquila e feliz”.

TESTEMUÑAS

Atópome ben dende que veño á Creba. Cambioume a vida para mellor”.

FINANCIADORES

a ´creba
Privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.