Servizos
Centro de Noia
Centro Ocupacional (CO)
Para que estas persoas sexan atendidas neste recurso, será preciso que dispoñan do Recoñecemento de Dependencia.
O Centro Ocupacional de A Creba, ten autorización administrativa con data de 22 de Marzo de 2006, co VP-769/001. Está situado no Polígono Industrial Augalevada, nº 19. 15210 Noia (A Coruña) e inscrito no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPPS) co nº E-0769.
É un centro con capacidade para 20 prazas e ten 8 prazas concertadas coa Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.
Trabállase a través dun Plan individualizado onde se inclúe: valoración, seguimento, avaliación e coordinación cos diferentes axentes implicados ( traballadores sociais, Unidade de Saúde Mental, etc., así como orientación e formación para as familias e/ou persoas achegadas.
ACTIVIDADES
REHABILITACIÓN COGNITIVA
ACTIVIDADE FÍSICA E EXERCICIOS MOTÓRICOS
O exercicio físico regular, ademais de ser cardio saudable, mellora o estado de ánimo, diminúe os síntomas de ansiedade, actúa como distractor dos pensamentos negativos ,e fomenta as relacións sociais, entre outros beneficios.
AUTOCOIDADO E ACTIVIDADES BÁSICAS DA VIDA DIARIA
PSICOEDUCACIÓN, AUTOADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN E PREVENCIÓN DE RECAÍDAS
ASESORAMIENTO E APOYO ÁS FAMILIAS
MANEXO E AFRONTAMENTO DA ANSIEDADE
Preténdese promover a adquisión de estratexias, habilidades e ferramentas para o manexo da ansiedade e o estrés que poden supoñer un risco na estabilidade e compensación da enfermidade.
HABILIDADES SOCIAIS
INTEGRACIÓN COMUNITARIA
Realízanse saídas de índole cultural e social tratando de promover e favorecer a participación social das persoas usuarias na comunidade, achegándolles aos diferentes recursos comunitarios e fomentando a súa autonomía para facer uso dos mesmos.
TEMPO DE LECER E TEMPO LIBRE
Promóvese a realización de actividades (a libre elección das persoas usuarias) de lecer, dun xeito normalizado e na comunidade.
ORIENTACIÓN E INSERCIÓN LABORAL
TALLER DE DESEÑO TEXTIL
Se realizan actividades de costura creativa, ganchillo, calceta, punch needle, bordado… realizando traballos que poden ser adquiridos na Asociación A Creba Noia
Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral (CRPL)
Trabállase a través dun Plan individualizado onde se inclúe: valoración, seguimento avaliación e coordinación cos diferentes axentes implicados ( traballadores sociais, Unidade de Saúde Mental, etc.) Así como orientación e formación para as familias e/ou persoas achegadas.
O obxectivo principal é mellorar as capacidades a longo prazo das persoas con problemas de saúde mental no que se refire a súa vida persoal e familiar, aprendizaxes, traballo, socialización e adaptación do modo máis normalizado posible.
Realízanse actuacións que axudan a que a persoa con problemas de saúde mental supere ou compense as dificultades que sofren, mellore no desenvolvemento da súa vida cotiá de modo máis autónomo e digno, e colaborase no desempeño das demandas que supón vivir, traballar e relacionarse nos diferentes contornas comunitarios.
ACTIVIDADES
REHABILITACIÓN COGNITIVA
ACTIVIDADE FÍSICA E EXERCICIOS MOTÓRICOS
O exercicio físico regular, ademais de ser cardio saudable, mellora o estado de ánimo, diminúe os síntomas de ansiedade, actúa como distractor dos pensamentos negativos ,e fomenta as relacións sociais, entre outros beneficios.
AUTOCOIDADO E ACTIVIDADES BÁSICAS DA VIDA DIARIA
PSICOEDUCACIÓN, AUTOADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN E PREVENCIÓN DE RECAÍDAS
ASESORAMIENTO E APOYO ÁS FAMILIAS
MANEXO E AFRONTAMENTO DA ANSIEDADE
Preténdese promover a adquisión de estratexias, habilidades e ferramentas para o manexo da ansiedade e o estrés que poden supoñer un risco na estabilidade e compensación da enfermidade.
HABILIDADES SOCIAIS
INTEGRACIÓN COMUNITARIA
Realízanse saídas de índole cultural e social tratando de promover e favorecer a participación social das persoas usuarias na comunidade, achegándolles aos diferentes recursos comunitarios e fomentando a súa autonomía para facer uso dos mesmos.
TEMPO DE LECER E TEMPO LIBRE
Promóvese a realización de actividades (a libre elección das persoas usuarias) de lecer, dun xeito normalizado e na comunidade.
ORIENTACIÓN E INSERCIÓN LABORAL
TALLERES
Enmarcado, elaboracións de productos en coiro, pasta de papel, bolsas de papel, velas e técnica de transfer. As persoas usuarias realizan traballos para clientes externos que se poden adquirir. ou ben por encargo ou na Asociación A Creba de Noia e/ou Ribeira,
Ademais das actividades específicas de rehabilitación, lévanse a cabo distintas actividades complementarias:
Taller Audiovisual – Actividade temporal
Taller de Cocina – Actividade temporal
Vivendas Protexidas
Son unha alternativa residencial na Comunidade.
Estas vivendas son necesarias porque existen afectados que, non precisando de hospitalización psiquiátrica, presentan necesidades de aloxamento debido a falta de familia, porque a familia non pode coidalos, ou ben a existencia dunha patoloxía orgánica e/ou mental nos propios coidadores.
Son aloxamentos polivalentes, estables e duradeiros para unhas persoas, e temporais para outras.
Trátase dunha alternativa flexible, o máis normalizada posible de aloxamento e apoio vital.
A Creba xestiona 4 vivendas tuteladas cun máximo de 20 prazas, cun equipo que ofrece apoio, tanto no funcionamento doméstico e na convivencia cotiá como na adaptación e integración no entorno comunitario.
Programa de atención sociosanitaria e residencial e promoción da autonomía (ASORPA):
Apoio Socioeducativo:
Achegámonos as familias e persoas con problemas de saúde mental que teñen dificultades para acceder aos servizos sociocomunitarios, xa sexa pola dispersión xeográfica ou pola escaseza de seguimento da rede pública.
Preténdese achegar as persoas con problemas de saúde mental os servizos sanitarios, sociocomunitarios e educativos da súa contorna.
Programa de información, orientación e apoios (INFORAPA):
Programa PREVIR:
Ofrecemos información, apoio e asesoramento a persoas, familias e centros educativos nos que se presentan por primeira vez problemáticas graves en saúde mental.
Actuamos de forma preventiva e orientamos cara os recursos máis axeitados.
Programa de Apoio e Soporte Integral para Familias:
Ocio e benestar:
Actividades de Sensibilización
-
Día Mundial da SIDA
-
Feira Medieval de Noia.
-
Día Internacional da Muller traballadora.
-
Día contra a Violencia de Xénero.
-
Mes do orgullo.
-
Día das Letras Galegas.
-
Mercadillo solidario.
-
Día Mundial da Prevención do Suicidio.
-
Reciclamos con ECOEMBES.
-
Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
-
Día Mundial da Saúde Mental.