PROGRAMA DE APOIO INTEGRAL A MULLERES CON DOENZAS MENTAIS PROCEDENTES DO MEDIO RURAL
Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea co obxectivo de fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación na que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade
Período de execución: dende o 1 de setembro de 2024 ata o 31 de agosto de 2025
O programa de atención a mulleres foi iniciado no ano 2009 e continúa no 2025. A Creba leva a cabo un proxecto de apoio integral dirixido a mulleres con discapacidade a consecuencia de doenzas mentais e con especiais dificultades para a súa integración social e laboral.
O obxectivo principal é acompañar ás mulleres nun proceso de coñecementos e habilidades básicas, para poder incrementar a súa autonomía cara a integración familiar, social e/ou laboral, dotando ás mulleres de ferramentas persoais, habilidades, aptitudes e valores necesarios para unha maior normalización e autonomía.
Estas actividades lévanse a cabo de xeito continuado ao longo de todo o ano.
Realizada coa financiación da Consellería de Política social e Igualdade da Xunta de Galicia, e cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento SI427A e SI436B).
A resolución do 28 de maio do 2025 foi publicada no DOG o 09 de xuño do 2025





0 Comments