Grazas ao Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de centros de servicios sociais no ano 2025 (FOAXE-C/2025), a Deputación da Coruña un ano máis colabora ca Asociación Saúde Mental A Creba cun importe de 48.088,53 € que se destinará ao finanzamento do mantemento do noso C.R.P.L. en Noia durante o ano 2025. Esto supón unha porcentaxe de finanzamento do 68,50% do orzamento necesario.
O programa axúdanos a seguir atendendo a persoas que padecen un problema de saúde mental grave e crónico para contribuir á mellora da súa calidade de vida e da súa rehabilitación psicosocial e de ser posible laboral.

0 Comments